Os últimos días tivemos moitas investigacións entre mans, manualidades, unha visita e unha ollada ó que nos queda por ver.
Ademais preparámonos para a saída a AVIFAUNA. Recordamos
o que xa saíu nas nosas investigacións: que froito da evolución os animais máis relacionados cos dinos son as aves.
Logo da visita profundizamos nalgúns dos dinos relacionados coas aves que coñecemos, como o PTERODAUSTRO que é moi semellante ó FLAMENCO.
Aquí prte da investigación...
Recollémolo en papel.
Continuamos cunha ave que non coñecíamos e que nos explicaron era unha das aves con máis en común cos dinosaurios: o CASUARIO. Atopámolo nun dos libros que aportastes as familias e continuamos investigando esta ave tan perigosa. E buscando e buscando atopamos un dino moi similar: o CITIPATI.
Neste vídeo puidemos velo e ver a semellanza ó tempo que nos da pinceladas sobre a extinción que sufriron os dinos no seu momento.
Como sempre gardámolo para o noso dosier.
Tamén nos achegamos a outros dinos. Un deles o ESPINOSAURIO, un dos favoritos. Investigámolo e recollémolo en papel como sempre.
Deste vídeo sacamos información e gustounos moito!
Ademais seguiron chegando materiais.
IZAN presentou un mapa de panxea que fixo na casa e no que foi colocando distintosdinos. Explicounos cales eran e recordamos como era o planeta na época dos dinosaurios.
LUCÍA V. compartiu coa clase un xogo de dinos moi simpático. Explicou como se xogaba e xa o temos no recanto!
ADAM tamén nos trouxo un xogo, nesta ocasión un puzzle xenal de dinos! Xa o temos para montar no recanto.
Para continuar coa decoración e os recordos do proxecto elixiron varias manualidades para ir facendo de aquí ó remate.
Nesta semana elaboraron MINIESTEGOSAURIOS! Tiveron que pintar con pincel, cortar con tesoiras de formas, pegar ollos , modelas limpiapipas e montar todo!
Rematamos a semana coa visita especial dos pais de ADAM. Así, o noso compi contounos un conto de animais coa axuda dos seus pais. Logo enlazámolo co proxecto achegándonos á relación das aves que saían no conto e que víramos na nosa visita a AVIFAUNA.
Ademais tivemos a sorte que nos dixeran o nome de varios animais en árabe e puidemos practicalos con eles. Estivo xenial!
Moitas grazas por animarvos a visitarnos!
Moitas grazas por colaborar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!