xoves, 16 de febreiro de 2023

UN DINO MOI ESPECIAL NESTA SEMANA: O DIPLODOCUS

 Esta semana de entroido descubrimos como é un diplodocus.
Coñecendo o diplodocus, algúns dos vídeos que proxectamos na clase:
 
Traballando sobre o papel, debuxando e prestando atención as características. TEN UN CUELLO E UNHA COLA MOI LONGOS.
Canción do diplodocus:

Buscando diplodocus entre todos os que temos na clase:
Onde viven os dinos? Describimos os lugares que aparecían no libro, Ahmed foi o encargado ese día e fixo de profe. Despois pegamos unha pegatina de dino na imaxe correspondente.
Repasamos como nacían de novo os dinosaurios, no libro picamos un ovo e apareceu un dino. Falamos das mamás MAIASAURA, a mamá dos dinos, como protexe os seus ovos. Decorámola estampando a nosa pegada en verde.

Seguen chegando cousiñas da casa. Moitísimas grazas.
Xogando co rincón dos dinos:
Non nos esquecemos de seguir traballando o noso nome:
Mañá toca desfrutar da festa do entroido peques!!!Ímolo pasar xenial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!