domingo, 5 de febreiro de 2023

COMENZANDO NOVO PROXECTO


 A semana pasada rematamos as cousiñas do inverno cunha manualidade que lles quedou moi bonita.

E comezamos novo proxecto




Traballaron duro porque primeiro tiveron que pintar todos os elementos do inverno.

Despoís picaron co punzón e pegaron na cartulina

e remataron facendo copos de neve

Para comenzar o novo proxecto preparamos a carta as familias para que nos axudedes aportando todos os materiales que atopedes interesantes que nos axuden a investigar na aula, manualidades que fagades cos nenos/as e que eles poidan explicar despois aos compañeiros e por suposto que viñades a colaborar con nos o facer algunha actividade que se vos ocurra, as portas da aula verde están abertas para as familias.
Despois contaron que cousas sabian dos dinosaurios e xa anotamos moitas cousas, pero algunhas tiñan dudas e as temos que investigar como:
        Se nacen de OVOS o da BARRIGA das mamás
        Se viven na SELVA
        Que COMEN
        Como se DESPLAZAN
        Se teñen HUELLAS grandes
        Se había un VOLCÁN
        Que TIPOS de dinos existen
Quédanos moito traballo de investigación

Xa están chegando un montón de cousiñas a clase!!!!

TAQWA trouxo un debuxo no que lle axudou a súa irmá
HUGO trouxo un DRAGÓN e xenerou a duda de si son dinosaurios
FABIO trouxo un conto moi interesante e deixounos asombrados co grande que se ven os dinos, cada día abriremos un
LUCAS O. trouxo un conto de dinos que se poden sacar e tamén uns dinos de peluche
Chegou outro dragón de TAQWA a aula e seguemos con dudas...
Pola mañá apareceron na caixa máxica os DRAGÓNS da clase cunha ficha onde nos contaba que os dragóns nunca existiron que son lendas inventadas e que no son dinosaurios

HUGO trouxo un libro de pegatinas para usar no recuncho da arte!
e un DIPLODOCUS 
Hoxe tocou ver un PENTACERATOS
CARLA contounos o seu conto
SAMUEL trouxo un dino para investigar e xogar no recuncho
CLAUDIA enseñounos o seu conto con sonidos!!!
O conto de LUCAS e para tocar!
ANA e MARA trouxeron contos e puzles para xogar no recuncho!!
O dino de CLAUDIA rugeeeeee
MARTINA trouxo un conto onde nos contaban como eran os dinosaurios e a quen se parecian, eran réptilescomo as serpes, os lagartos e as tartarugas e os cocodrilos de hoxe en día.

KATIA amosounos o seu conto que serviranos para as nosas investigacións na clase

HUGO trouxo un TRICERATOPS para o recuncho
CARLA amosounos un libro de pegatinas para rematar no recuncho da arte
LEO trouxo un libro de linterna para observar ven os dinosaurios 
MÍA trouxonos varios contos e un dino desmontable!

ONDE VIVIRON? eran animaís que vivian nos bosques, os bosques non eran como os de agora, senon que tiñan plantas e árbores diferentes. A Terra era un súper coninente chamado PANGEA, pero foi dividíndose ata formar os continentes.


Tamén empezamos o libro picando unha gran pagada que tiña sorpresa

E con tantas cousiñas que troxeron os nenos/as xa temos os recunchos aberto para investigar e desfrutar
O da arte ten plantillas de dinos, libros de pegatinas...

O recuncho de dinos con moitos contos, puzzles e dinos variados

Como lles gusta!!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!