Esta semana seguimos coas nosas investigacións, nesta ocasión sobre os fósiles e os paleontólogos.
Para facelo
buscamos en internet para enterarnos ben de qué son os FÓSILES. Descubrimos que son restos de animais, plantas e moitas cousas máis do pasado que o quedar enterrados e pasar miles de anos se converten en pedra e así chegan os nosos tempos e polos que os científicos obteñen moita información importante.
Logo de investigar traballamos en papel o proceso que sofren os restos para converterse en fósiles.
Tratamos de reproducir con plasto e materiais do noso recanto de dinos, un fósil. Empregamos plasti e presionamos a parte do dino que queríamos marcar. Quedou moi ben.
Nestas investigación descrubrimos que os PALEONTÓLOGOS son os científicos e científicas que estudan os restos fósiles e que grazas a eles decubrimos moita información sobre o pasado. Aproveitamos e vimos un video da canción dos paleontólogos.
Plasmamos en papel...
E con isto chegou o momento de empregar o xogo de XOEL no que nos convertemos en PALEONTÓLOGOS E PALEONTÓLOGAS que buscan e estudan restos FÓSILES! Vainos levar bastantes días, pero poucoa pouco seguro que imos atopando algún resto fósil.
Seguimos cuns fósiles especiais: os OVOS de dinosaurio! Grazas a eles sabemos que eran OVÍPAROS.
Así, centrámonos no dinosaurio MAIASAURA.
Primeiro Buscamos nos nosos libros. Así, fixámonos nos debuxos de dinos similares, e logo nos textos para ver se estaba o seu nome escrito, pero non tivemos sorte esta vez...
Investigamos logo no ordenador e decubrimos como os restos fósiles atopados amosan que vivían en comunidades moi grandes e como os grandes coidaban durante anos ós pequenos. Algo que non era moi común entre os dinos.
Aquí uns vídeos que nos gusta compartir con vós.
No primeiro só nos fixamos nas súas características para descrivilo e para tentar facer teorías sobre as súas características.
No segundo informámonos ben do que se cre saber a día de hoxe.
Traballamos estes elementos en papel! Fixámonos nas súas características e comentámolas. Logo cubrimos a pel de escamas con ceras blancas e logo pintaron con témpera verde. Quedou moi ben!
Por último picaron os ovos!
Xa dende a semana pasada estivemos traballando sobre os ovos. Observamos os ovos de XOEL.
Deixámolos en auga un pouco máis para que creceran e listo! Saiu un T-REX e o que segundo investigamos ñe un DILOFOSAURO.
ADRIANA tamén observou o proceso na casa e compartiu con nós o seu dino! No seu caso resultou ser tamén un T-REX, pero parece que a ela lle creceu un pouco máis que o que naceu na clase.
Traballamos tamén en papel fixándonos en cómo nacen os dinos e aprendendo que son OVÍPAROS ó nacer de ovos.
Por último, experimentamos cuns ovos moi especiais de dinos! Sentimos os materiais: o líquido uliunos a vinagre e os ovos estaban moi fríos, conxelados!
Cunhas pipetas e por quendas fomos vertendo vinagre sobre os ovos que desprendían burbullas e se ían derretando pouco a pouco. Acabaron descubrindo 2 dinos!
Logo investigamos o dino que atoparon: un ESTEGOSAURO! Lemos que regula a súa temperatura coas placas do seu lombo e emprega as púas para defenderse. Ademais saíron outras inforacións que investigaremos a próxima semana!
Entre tanto seguiron chegando materiais que fomos empregando no recanto de dinos e nas nosas investigacións e tarefas diarias!
LEIRE V. mostrounos o moito que traballou facendo unhas manualidades chulísimas! Fixo unhas cabezas de dinos cunhas pinzas que están preparadas para alimentarse.
Tamén unha mostra de ESQUELETO e un DIPLODOCUS moi mono!!!
XOEL trouxo varios dinos de xoguete. Trouxo un VELOCIRAPTOR que fomos investigando e comparando co T-REX. Tamén un tipo de "cuello largo" (aínda á espera de investigación) e un PARASAUROLOPHUS (AÍNDA EN INVESTIGACIÓN!).
MARTÍN presentou a súa botella que ten ilustracións de dinos e que nos comentou e mostrou a toda a clase.
Por último, ADAM este venres trouxo para compartir con nós uns dinos xeniais, e presntounos diante dos compis: un T-REX, un VELOCIRRAPTOR, o que parece un MAIASAURA, TRICERAPTOPS e un CARNOTAURO. Entre todos repasamos o que xa sabemos desdes dinos e pasamos un momento moi ameno.
Todos estes materiais xa forman parte do recanto do proxecto que estamos a desfrutar un montón.
A próxima semana continuaremos investigando.
Grazas a todos e todas por colaborar e continuaremosa próxima semana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!