sábado, 18 de febreiro de 2023

ENTROIDO 2023!



O alumnado de infantil participou nas xornadas de Entroido! Así prepararon o seu disfraz baseado nun conto de dinos para o venres. Na clase de vermello fixeron difraz de DIPLODOCUS, na clase de verde de TRICERATOPS, e na clase de azul de PARASAUROLOPHUS.
Nesta semana seguiron tamén os mandados do Meco. Aquí vos deixamos o resumo!

Clase de vermello

Na aula temos moitos contiños de dinos, pero eleximos este para iniciarnos no entroido e elexir así o dino co cuello e a cola máis longo: o diplodocus.

Picando a cabeza:
Picando as patas para poder meter os nosos pés:
Pintando a cola do diplodocus, estampamos coa témpera azul con esponxas redondas:
Facendo a boca de lá azul e facendo dentes co noso dedo máis pequeniño:
Último toque da cabeza do diplodocus,  un pouco de brilli brilli:
MANDADOS DO MECO
Luns: algo na cabeza vas traer se queres todo saber.
Martes: virás coa bata porque o frío mata.
Mércores: desemparellados viran os zapatos e calcetíns que correrán.
Xoves: co delantal chegarás puntual.
Venres: como a túa clase tes que vir.

CLASE de VERDE
Contamos un conto moi especial que nos deixou a caixa máxica, despois eleximos o dinosaurio que maís nos gustou e pasámolo ao papel, e así iniciamos a elección do noso disfraz.
Unha vez elexido, recortamos a súa cabeza

Picamos as garras
e eleximos as cores da cola, pegamos os ollos e botamos brillantinas nos cornos



Tamén seguimos os mandadiños do Meco:




e así de bonitos nos quedaron


CLASE de AZUL

Co conto de dinos!

Comezamos recortando coas tesoiras e picando co punzón cada peza do disfraz de Parasaurolophus.

Logo preparamos a cabeza pegando uns ollos grandes e pintando a cresta con pintura fosforita laranxa e violeta.

Por último preparamos a cola coas mesmas cores.

Ademais participamos nos mandados do Meco:
Luns:


Martes:


Mércores:

Xoves:

Venres:
ENTROIDO NO CPI P. VIRXE DO MONTE
Aquí vos deixamos un vídeo resumo! 
(Marcade na rodiña a calidade que queredes)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!