Sorrisos, bágoas, a mamá,...son varias das palabras que sairon ao longo destes días que nos coñecemos. Comeza unha nova etapa para os nenos e nenas da aula de 4º de infantil do curso 22/23. Seguiremos coñecéndonos e seguiremos aprendendendo entre todos, pouco a pouco. Pero sobre todo, o noso obxectivo será entrar todos os días cun sorriso pola porta.
Preparados, listos xa...BENVIDOS AO COLE!!!!
O primeiro día do cole: ¡¡cantos xoguetes temos para compartir entre todos!!
Nesta etapa de infantil levaremos o MANDILÓN de cor vermella. Experimentamos co pincel e a témpera vermella e pintamos un mandilón como o que levamos nós.
Tamén decoramos o noso PERCHEIRO con ceras para colocar as nosa bolsiña, a gorra e cando veña o frío as nosas chaquetas.
Mirade que bonitos nos quedaron:
E co noso "dediño máxico" pintamos un poliño de cor amarela, como o protagonista do conto.
No cole temos un montón de cores, desta vez pintamos a Daisy e Marjorie con unha ceras que pintan super rápido.
O xoves cando nos coñecemos todos e todas xuntos:
No patio dos nosos compis de infantil, nos que compartiremos grandes momentos:
Cos todos os compis de infantil:
A nosa 1º merenda na aula:
Ummmm, que rica!!!!
PIRULETA de SABORES
Para celebrar a nosa entrada no cole dos maiores, fixemos para levar para á casa unha piruleta de sabores. Cada neno/a decorouna cos sabores que quixo.
Rematamos o período de adaptación levando a nosa piruleta de sabores para á casa:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!