venres, 16 de setembro de 2022

Comezamos!

 

Comezamos un novo curso coñecendo a nosa nova compi ADRIANA e

xogando moito!

Recordamos o que fixemos no verán e comezamos a repasar un pouco o que aprendemos nos cursos pasados.



Ademais temos nova clase. Na porta temos unhas abelliñas moi chulas e sobre abelliñas foi o noso conto de comezo do cole!

Gustounos moito e fixemos uns "ABEJOSOS" para ir decorando a nosa clase. Fixámonos nas ilustracións, pintaron con témperas e pincel, recortamos e pegamos cada parte con coidado. 
Quedaron xeniais!

Hoxe xa quedaron pendurados do teito!

Logo do Abejoso, continuamos cunha das peticións que fixeron a finais do curso pasado para este curso. Xa comezamos a traballar con novas actividades e investigacións, pero verédelo a próxima semana!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!