Esta semana fíxosenos máis longa ca anterior xa que veu cargada de moitas novidades: comedor, transporte...
Estos días falamos moito de como nos sentiamos no cole, se estabamos contentos ou tristes. Traballamos as emocións e comezamos co conto do monstro das cores vai á escola:
Como me sinto hoxe, identicámolo no semáforo da clase.
Xogando a estar tristes, contentos e enfadados.
O meu primeiro debuxo na escola!!! Que ben sairon!!! Sodes uns artistas.
Agora cada mesa ten a súa cor para identificarse: a mesa do corazón vermello, do corazón amarelo, a mesa do corazón azul e a mesa do corazón verde.
Esta semana faltáronnos algúns compis porque están malitos, agardamos que sanen prontiño para volver a xogar todos xuntos. Mandamoslles unha aperta de corazón.
Así quedaron os nosos corazóns!! Comezamos a decorar a nosa aula, porque temos expostos os nosos primeiros debuxos no cole nas ventás.
Seguimos xogando, compartindo, para empregar as palabras máxicas: "por favor e grazas" e de vez en cando un "perdóame".
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!