Estas semanas estivemos traballando no sistema dixestivo
Primeiro coma sempre buscamos e investigamos nos libros do recuncho as partes do sitema dixestivo
Despois as pasamos ao papel
Tamén deunos tempo polo medio a repasar números, debuxarnos, debuxar formas xeométricas, letras...
Preparamos a capa do sistema dixestivo con diferentes texturas. Plasti para o interior da BOCA eo ESÓFAGO, un globo para o ESTÓMAGO, goma eva para o FIGADO e limpapipas para o INTESTINO delgado e plasti para o groso. Fomos completándoo seguindo o camiño da comida.
Primeiro repasamos as letras
Despois tiveron que modelar a plasti para a BOCA eo ESÓFAGO, manipular o globo para que coincidira co esófago, o fígado en goma eva.
O resultado foi espectacular
Para a experiencia deste sistema fixémolo coa profe COVA de inglés, e foi xenial. Con ela estamos traballando tamén no proxecto do corpo. Nesta ocasión primeiro púxonos un vídeo sobre a dixestión e o camiño que segue a comida dentro do noso corpo.
Picamos o oco do estómago
Decoramos o neno da cartolina
Foron enchendo unhas bolsiñas transparentes que farían de estómago. Engadiron un pouco de todo pan, laranxa, galletas, iogurt e agua.
Logo machucaron todo xunto.
Por último fixámolo na cartolina do corpo e quedou xenial.
Un gran traballo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!