venres, 6 de maio de 2022

ARCIMBOLDO de PRIMAVERA e SISTEMA DIXESTIVO (experimento)

 

Esta semana fixemos un montón de actividades. Algunhas podelas ver aquí e outras temos que seguir esperando porque coas profes que temos de prácticas Uxía e Elena estámolo pasando moi ben xogando coa luz.
Empezamos a semana rematando os ARCIMBOLDOS de PRIMAVERA. 
Quedaron requeteben!!!!!
XENIAL EQUIPO!!Traballastes moi ben!

Esta semana estivemos falando dos médicos. Na ficha do libro tivemos que atopar diferentes instrumentos que podemos atopar cando imos a unha consulta. Falamos como se chaman os médicos aos que debemos ir, dependendo do que nos doe.
O dentista gústanos e somos moi valentes cando acudimos a él. Non choramos. Debuxamos un dentista e repasamos como se escribe ese especialista. 
As vacinas. Por que son importantes?
A onde imos cando enfermamos?
Debuxamos un hospital e escribimos esa palabra en letra pequena, xa nos quedan pouquiñas por descubrir.
Rematamos o sistema dixestivo volvendo o rincón do proxecto e Alejandro falonounos dos intentinos.
EXPERIMENTO NA CLASE DE INGLÉS SOBRE O SISTEMA DIXESTIVO

Vídeo:

A profe Cova trouxonos mayonesa (mayonnaise), galletas (cookies), mandarinas (mandarin) , natillas (custard) e auga (water). Metémolo todo nunha bolsita.
Despois mesturamolo na nosa mesa, para ver o proceso de como se xuntan os alimentos no noso estómago.
E finalmente fixemos esta manualidade tan chuli que xa temos na nosa casa.
Grazas profe Cova. Pasámolo moi ben con este experimento.
BO FIN DE SEMANA ARTISTAS!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!