Esta semana continuamos cos últimos flecos do noso proxecto, ó tempo que repasamos todo o traballado este curso por medio dun último traballiño sobre os nosos amiguiños da clase e que remataremos nas próximas semanas. Estamos desexando levar para a casa co todos os traballos.
Así, comezamos a semana repasaando o visto no proxecto cun debuxo do corpo.
Estamos preparando a portada dos traballiños do corpo cun puzzle que quedou moi chulo.
Logo pegamos a montaxe e decoramos as letras.
Repasaos tamén o estudado e investigamos no proxecto empregando unha lámina na que fixemos de detectives atopando todo tipo de cousas mediante pistas. Déusenos moi ben!
En inglés repasamos as partes do corpo os nomes das prendas que empregamos para cada parte cun xogo xenial que preparou a profe Cova!
Aproveitamos para rematar unha experiencia que levaron a cabo as mestras de prácticas Uxía e Elena con luz negra e unhas fadas. Así, esta semana completamos as partes da cara da fadas e facer luz negra caseira para poder empregala na casa.
Aquí podedes ver Unhas imaxes da experiencia.
Para facer a luz negra caseira e facer brilar as fadas na casa só necesitades:-1 Lanterna de luz led.-Anacos de celo transparente ou cinta de embalar transparente.-Rotulador permanente azul.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!