venres, 13 de maio de 2022

LUZ NATURAL E LUZ ARTIFICIAL

 

Estas semanas estivemos traballando diferentes actividades coa luz.

O primeiro que fixemos foi unha actividade de experimentación con diferentes obxetos de distintos tamaños e texturas mesturados con luces artificiais diferentes

O resultado foi moi variado

Despoís fixemos o noso proxector de luz, primeiro o decoramos con pegatinas de moitas cores
Segundo, o debuxo do que queriamos proxectar (arco da vella, letras, circulos...)
e finalmente os probamos
Outro día apareceron na clase distintas caixas as que lles puxemos luz e investigaron

e debuxaron todas as cousas que sairan das caixas de luz (circulos, corazóns, cores...)

Polo día do libro Uxia contounos un conto "SETE RATONES CEGOS" na biblioteca dunha forma moi especial, na mesa de luz.
Debuxamos o que máis nos gustou do conto
tamén experimentamos distintas texturas cunhas bolsas moi especiais
e practicamos as nosas letras en arroz

e enchemos de cores a primavera


e tivemos algo de tempo para construir coas pezas
Cando rematamos dixemos que actividade nos gustou máis cunha cara contenta e as que menos cunha cara triste


Uxía e unha gran contadora de contos e nesta ocasión contounos un conto con sombras, ainda que algunhas non nos gustaron moito tiña un final feliz.

Tamén xogamos as adiviñas

a experimentar con todos os materiais e como se vian


e despoís en papel de acetato fixemos un debuxo para compoñer unha historia

CONTO RETROPROXECTOR

Había unha vez un neno que se chamaba Xurxo, e que decidiu ir a Praia a xogar coa súa pelota (1).


Estaba moi contento nesa praia (2)

 a que chegara en coche coa súa familia, cos papás, cas mamás, cos avós. (3)
 A esa mesma praia tamén chegaran o resto dos seus  amiguiños. (4)
Facía un día suuuuper chuli para estar na praia todos os amiguiños xunto xogando. (5)

Facía moito sol, era un día moi caloroso, polo que decidiron ir a bañarse, pero… de repente…. (6)

Comezaron a caer gotiñas de auga, moitas gotiñas, e entón o facer sol e chover apareceu o arco iris. Un arco iris moi bonito.Pero… como comezou a chover xa non podían estar na praia e decidiron ir no coche cara unha lagoa.(7)

 Cando chegaron a lagoa asustáronse un pouquiño porque viron unha arañita alí (8).

 Pero.. nesa lagoa había moitas cousas , moitos animais (9). 

Era unha lagoa moi bonita, na que comezaron a ver cada vez mais e mais animais. (10)

Había unha serpe (11) 

Había ... Que había?? Un ratiño!! (12) 

Que máis había? Unha xirafa xunto con moitos outros animaliños (13).

Xurxo e todos os seus amigos puxéronse a xogar na lagoa e de súpeto apareceron máis arañitas (14) 

pero eran unha arañas moi boas que facían cosquillas e xogaban.  (15)

Foi un día moi divertido xogando na Praia e na lagoa, pasárono moi moi ben e chegaron a casa pola noite moi contentos e felices de ter pasado un día tan divertido coas súa familia e amigos. (16) 

Chegou a noite e, despois de tanto xogar, Xurxo meteuse na casa e foise a durmir moi feliz.(17) 

Encantounos que Uxía poñera voz os nosos debuxos!!!!


Seguindo coas luces experimentamos coa luz natural, como se ven as cores, as sombras...


Uxía desta vez contounos outro conto moi especial cunha luz artificial negra, era un conto de fadas





logo pintamos cada un a nosa fada


En catro anos tamén o fixeron


En cinco anos
un pouco de brilli brilli e MAXIA!!!!



En 5 anos tamén fixemos actividades coa luz natural e artificial

Na mesa de luz. Primeiro Uxía e Elena contáronos o conto de "Sete ratóns cegos".

Despois do conto, experimentamos e xogamos. Debuxamos, xogamos coas pezas, trazamos o noso nome, etc.

Actividades co retroproxector
Uxía e Elena contáronnos o conto do "xogo das sombras" con unha linterna que nos molou moito.
E despois xogamos a adiviñar o que estas dúas profes nos agochaban, foi moi divertido.
Para despois xogar nós. Pasámolo moi ben.
Finalmente, creamos un conto. Uxía puxo a voz e nós creamos os personaxes, o espazo e o tempo.
Sodes todos moi artistas!!!! Agardamos que vós guste tanto como a nós.

Caixas de luz
Menuda sorpresa nos tiñan estas caixas tan máxicas. Escondían moitas formas, tamaños e moitas cores.
Debuxos do que viamos na clase con estas caixas tan chulas.

Experimentación coa luz en diferentes obxectos.
Fabricación do noso proxector de luz.
Que chulada, como molaron as nosas proxecións.
Sombras
Para finalizar as actividades de luz, saimos todos os nenos a facer varias experiencias!
Primeiro xogamos a capturar a nosa sombra



Despoís debuxamos as sombras de animais




e para finalizar experimentamos coas pezas ao sol


Grazas profes, pasámolo moi ben nestas actividades tan chulis que nos propuxestes!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!