mércores, 11 de xuño de 2025

GRAZAS familia BLANCO MASEDA!

Este mércores rematamos coa nosas visitas das familias a nosa clase, desta vez fixerono os papás e a irmá de Anxo.

Xuntos contáronos un conto da bruxa Brunilda.
Silvia, a mamá de Anxo contou o conto.
Xiana, súa irmá, e Anxo repartironnos un gorro de bruxa para colorear.
A pintar
e a recortar.
Que chulis quedaron! Xa somos como Brunilda para facer bruxerías.
Moitísimas grazas por vir a nosa aula, pasámolo moi ben. Pasar ratiños xuntos foi o obxectivo destas actividades que xuntos pasamos en familia.
Un recordo do paso de Anxo por 6º educación infantil.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!