venres, 6 de xuño de 2025

Arte: Arte Tingatinga!

Continuamos traballando no proxecto de arte achegándonos nesta ocasión a EDWARD SAIDI TINGATINGA, un artista africano nado en TANZANIA e que deu orixe á corrente artística africana coñecida polo seu apelido: TINGATINGA.

Investigamos no ordenador e observamos os cadros estilo tinga tinga repletos de animais e cores fortes.  Encantounos!

Como sempre plasmamos todo en papel.



Reprodución unha das súas obras o "LEOPARDO".
Moi chuli!


Nestes días rematamos o noso libriño das letras maiúsculas no que levan traballando mooooito tempo!
Este libro foron completándoo con apenas axuda. Traballaron a conciencia fonolóxica identificando as imaxes que comezaban coa letra que tocaba, localizándoa nun teclado, pensando unha palabra coa letra, escribíndoa e debuxando o escrito. 
Foi un gran traballo xa que, salvo moi ó principio que tiñan máis axuda, escribiron sós as palabras. Só pediron axuda en ocasións para que lles dixeramos algunha palabra despacio ou preguntando a letra en casos de b-v e similares, e non lles fixemos correccións ó que escribían, só completamos unha vez o tiñan escrito, polo que poderedes ver a súa evolución.
E como vos fomos mostrando noutras semanas, seguimos con traballos artísticos relacionados co proxecto e que son unha sorpresa!

Por suposto seguimos co noso libro de Van Gogh.


Como rematamos o mes de MAIO fixemos e comentamos a gráfica como xa é tradición de todo o curso.


E rematamos a semana coa nosa andaina solidaria!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!