venres, 6 de xuño de 2025

Andaina solidaria!

Hoxe venres día 6 de xuño tivo lugar a andaina solidaria en apoio a nenos, nenas e  adolescentes con cancro e as súas familias.

Ésta actividade foi promovida pola fundación Aladina, unha organización sen ánimo de lucro e cuxos beneficios se destinan íntegramente ó fin mencionado.

A choiva non foi freo para os nosos camiñantes, que emprenderon camiño ata a lagoa de Cospeito, unha vez reunidos co grupo que saía do centro de día do noso pobo. 

Foi unha andaina divertida que rematou atravesando a escola infantil de Cospeito, e na que puideron saudar ós nenos e nenas para coller forzas nos últimos pasos ata a nosa escola!

Moitas grazas a todas as familias e camiñantes pola vosa solidariedade e apoio!

 Todo CPI Plurilingüe Virxe do Monte, coas familias que se animaron a unirse e os participantes do  Centro de día Vila de Valverde xunto á lagoa!
Os participantes do centro de día! 
 Os nenos e nenas de infantil tras a subida ó mirador.

E todos xuntos ó chegar: uns auténticos campeóns!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!