Estos días investigamos as herbas máxicas que empregaban as meigas e puxemos a traballar os sentidos da vista e do olfato.
Momentos da asamblea:
Empregamos dous sentidos: o da vista e o olfato. Había que observar e distinguir.
E por suposto, ulir.
Recoñecer as plantas que viamos para colorealas na ficha. Porque cada unha tiña unha cor e unha folla distinta. Algunhas recoñeciamolas fácil, outras non tanto e investigamos na pizarra.
Rematamos falando das 7 herbas de San Xoán tan caracteristicas no mes de xuño.
Pasamos as infusións. Ulimos as diferentes variedades: manzanilla, menta... A que máis gustou é a dos froitos vermellos, xa que os nenos decían que ulía a chicle.
Quedou a de froitos vermellos. Coa axuda da profe Yoana fixo unha pócema de infusión para quentarnos un pouquiño a barrigola.
Observamos como cambiaba de cor e o arrecendo que soltaba cando nos achegabamos a ela.
Rematamos esta experiencia cos saquiños de lavanda, os saquiños da tranquilidade, da calma, dos medos fóra de nós...
Ulimos.
E preparamos os nosos saquiños.
Cerramolos e que arrecendo máis agradable.
Aproveitamos para contar unha lenda da meiga pillabana de Caldaloba. E de paso falamos da Torre tan singular que temos en Pino, a Torre de Caldaloba.
RECANTO DO PROXECTO: Dennis trouxo un conto moi divertido, que mestura unha bruxa cun dinosaurio.
Que me falta? Debuxamos a metade da nosa cara.
Os mércores comezamos co préstamo na biblioteca. Moitas aventuras que descubrir nesta actividade.
MOCHILA VIAXEIRA
Jad fixo un debuxo moi chuli do conto que máis lle gustou. Parabéns!!
A seguinte viaxe da mochila é na casa de Adri.













.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!