venres, 6 de novembro de 2026

AS MEIGAS AULA VERDE

 

Comezamos a semana cun recuncho que segue medrando e enchéndose de pequenos tesouros!  Continúan chegando das casas novos materiais, obxectos e curiosidades que nos axudan a descubrir e investigar máis sobre o noso proxecto.

Ademais, decidimos quedar con algunhas das achegas que trouxestes para a exposición de Samaín: traballos, creacións e historias arredor das lendas que compartimos  e que agora pasan a formar parte do noso recuncho.

Mais meigas para o recuncho e o seu gato

Fantasmas....buhhhh
Un xogo no que o pasamos moi ben

Esta semana andivemos entre pócemas e brevaxes. Primeiro deseñámolas en papel, imaxinando que ingredientes poderían levar, que cores terían e que poderes agocharían.

Pero non nos conformamos con imaxinalas… ¡tamén as elaboramos de verdade! Mesturamos ingredientes, observamos os cambios, experimentamos

Collemos a caixa de Icía e....

E isto non remata aquí! Aproveitando que estamos no Mes da Ciencia, as nosas investigacións continuarán e aínda nos agardan novas experiencias, mesturas e experimentos.

Seguiremos preparando algunha que outra pócema máis, observando, formulando hipóteses, experimentando e descubrindo que detrás de cada mestura pode agocharse unha pequena sorpresa.

Porque este mes as meigas tamén se poñen a investigar… e a ciencia será a súa mellor maxia!

Seguimos traballando o conteo e as sumas, pero desta vez acompañados de seres misteriosos: meigas, fantasmas, gatos negros e outras criaturas do noso proxecto.



 Partimos da lectura do conto O ladrón de cabazas para poñer en marcha a nosa imaxinación e os nosos sentidos.

Despois da historia, trasladamos a aventura á nosa mesa Tuff Tray, onde experimentamos con diferentes materiais e texturas, explorando sensacións, manipulando, observando e descubrindo a través do xogo sensorial. 

Pero a nosa aventura non rematou aí! Aproveitamos as cabazas para darlles unha nova vida e transformalas en unhas meigas ben bonitas. 




A semana pasada coñecemos e traballamos na aula a lenda do Pedregal de Irimia, ese lugar tan especial da nosa terra onde nace o río Miño. 

E hoxe tivemos unha sorpresa moi especial! Xiana trouxo á aula un montón de fotografías da súa visita ao Pedregal de Irimia coa súa familia. 

Con moita ilusión, ensinounos as imaxes e explicounos moi ben como é aquel lugar, como son as pedras, como nace a auga e todo o que puido observar durante a súa visita.

Foi unha oportunidade estupenda para relacionar o que aprendemos a través dos contos coa realidade, espertar a curiosidade dos compañeiros e compañeiras e seguir descubrindo os lugares que forman parte da nosa contorna.

Grazas, Xiana, por compartir con nós esta pequena viaxe e axudarnos a descubrir o lugar onde comeza o camiño do noso Miño!




A vindeira semana, ao igual que fixemos o curso pasado, poñemos en marcha os préstamos de libros da biblioteca para seguir levando a lectura ás casas e compartindo historias en familia.

📅 Comezaremos o vindeiro luns!

Lembrade que os libros irán para casa os luns e deberán volver á biblioteca o luns da semana seguinte, para poder realizar un novo préstamo.

Animádevos a compartir un anaquiño de lectura en familia, porque ler xuntos sempre é unha boa aventura!



BOA FINDE!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!