Esta semana tivemos dúas visitas de familias. Practicamos a letra U de Uxía, o noso recanto énchese de moito saber e seguimos avanzando no libro, sen esquecernos de practicar o número 1 e o noso nome.
Momentos da asamblea:
Traballando o concepto da unidade: somos un e cando nos xuntamos somos un conxunto. Diferenciamos por cores as nenas dos nenos. Onde hai máis e porque?
Recanto do proxecto
Moitas grazas por colaborar no noso recanto. Entre todos estamos aprendendo moito.
Carlota trouxo unha maqueta feita con pinas, rollo de papel hixiénico e con hueveras. Axudaronlle os seus papás.
Faloulles aos compis das setas, do caracol e do erizo que había que ter coidado que pinchaba.
Iago trouxo unha maqueta dun bosque con árbores, un camiño de pedras e dous ríos. Ao redor tiña animais que os nenos identificaron perfectamente.
Uxía trouxo un xogo apilable, ten números e animais, e tamén árbores e dúas casas: a dos paxariños e a dos animais. Ata temos que estar moi atentos cando xogamos con el porque non podemos perder ningunha caixa. Toca contalas entre todos.
Escoitamos como cantan os MOUCHOS, Bela ensinounos o seu. Saen de noite e teñen uns ollos moi grandes. Foi polas clases de 4 e 5 anos ensinar como cantaba o moucho. Quedamos todos moi abraiados porque era o seu cantar.
Quedaron traballos sen ver, porque esta semana non deu tempo a mirar todo. Seguiremos para a seguinte.
Traballando sobre o libro, falamos do que imos aprender con este proxecto:
Pintando coas cores máis características do bosque: marrón, verde e azul.
A profe Paula ensinounos como é unha lagoa, que animais andan por debaixo da auga e cales por encima. De que está rodeada a lagoa e fixemos unha pequena composición co que tiñamos pola clase. Todo nos serve para aprender. A diferencia de animais que hai que viven no bosque e cales na lagoa ou nos ríos e que poden convivir xuntos.
Comezamos a practicar a U de Uxía.
A U con gomets.
Cazando Us e pintandoa co noso dediño máxico.
Que ben debuxamos a nosa compi!!!
Leo trouxo a artistada do block da mochila viaxeira, coa axuda da súa mamá pintaron con témpera os personaxes do conto de Mezclados.
A seguinte viaxe da mochila é na casa de Bela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!