O entroido no noso centro xirou arredor dos bosques!
Na clase de vermello fixeron disfraces de XOANIÑA !
Na clase de 3 anos estamos moi contentos porque nos imos disfrazar como a nosa xoaniña preguntona. A mascota da nosa asamblea, ademais da que acompaña ao encargado cada día..
Primeiro picamos a cara que imos a levar nunha corao na cabeza.
Decoramos con ollos, nariz e debuxamos a boca.
Puxemoslle uns corniños e quedou así de molona a nosa cara.
Na clase de verde traballaron nos seus disfraces de BOLBORETAS !
A nosa mascota de encargado é unha bolboreta e as bolboretas viven nos bosques.
Aquí coloreamos as flores das ás
Para os ollos que levan na coroa tiveron que empregar cola e papel para cubrir o porexpan.
Comezamos investigando en clase imaxes de cabaliños do demo e recordándoos de cando fomos de visita á lagoa.
Logo, xa cos materiais que se precisaban comezamos a traballar.
Primeiro fixeron o corpo deste bichiño, para o que empregamos unhas medias de cores. Rechearon con bolas de xornal.
Recortaron as ás e pintaron os reforzos para que se aguantaran mellor.
Xa seco pintaron os ollos.
Cortaron comarca para rematar a parte traseira.Recortaron as antenas para poñer na coroa.
MECO
LUNS: como bo investigador con misterio e atención virás cun complemento curios lentes, gorro ou colarón.

MÉRCORES: como bo observador e con ganas de xogar, traerás calcetíns diferentes para presumir ao camiñar.
XOVES: para festexar o Entroido con alegría e ilusión, traerás un accesorio divertido que faga rir a montón.
VENRES: deberás transformarte nun elemento do noso bosque e berrar ben alto que estás na Feira do Monte.


Listos para o desfile!
Vídeo resumo!































Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!