luns, 9 de febreiro de 2026

Amor, amizade e biscoito !


Hoxe conmemoramos o DÍA DO AMOR E A AMIZADE, e fixémolo elaborando un biscoito enorme para compartir todo infantil!!!

Aquí tedes ós pasteiros/as preparando o biscoito xigante:

Engadindo 24 ovos.
Batendo.

Engadindo 2 iogures.

Sumando 2 sobres de Royal.

Botando 2 medidas de iogur de aceite.

Poñemos 1kg de fariña na mestura e batemos.

Engadimos 8 medidas de iogur de azucre.

Sumamos á receita pepitas de chocolate.

E por último mandámoslle moito amor !!!

E para o forno!

Xa listo xuntámonos para comelo!


Logo cada clase preparou unha tarxeta de recordo cos ingredientes e/ou a receita para preparar na casa.

Na clase de vermello:


Na clase de verde.

Na clase de azul:














Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!