xoves, 11 de decembro de 2025

O cumple de decembro!

Na clase vermella en decembro toca felicitar a Dani. 
Primeiro fixemos un agasallo especial de recordo; decoramos a inicial do nome do cumpleañero coas pegadas dos nosos compis.

Que agasallo máis fermoso fixemos entre tod@s: D de Daniel.



O cumpleañero conta e ensina os compis. Tamén recollemos nunha ficha un debuxo do que máis nos gustou do que trouxo.

O ESPECIAL DE DANI


Preparando a coroa: coa axuda da profe puxen o nome cos sellos de letras e pegamos 3 estreliñas porque son os aniños que cumplo. 

Os nosos compis decorándonolas coas súas pegadas.

Que chuli a coroa do cumple de decembro!!

DÍA DA FESTA
Entre todos cantamos os parabéns.
Soplou a vela co número 3.
E fixemos 3 voltas ao sol. 

Feliz volta ó sol meu peque!. Coa bola do mundo conmemoramos un ano máis de vida, facendo referencia simbólica á volta da terra ao redor do sol. 



Rematamos cunha super festa de bailes e cancións.

Un recordo do cumple de decembro soplando as tres veliñas. Parabéns!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!