venres, 12 de decembro de 2025

O BOSQUE MÁXICO CON GLOBOS! + Xornada achegándonos ó APALPADOR

Comezamos dando as grazas a Carmen de @Imaxinatia, porque grazas a ela este proxecto puido facerse realidade. Persoas como ela, con ilusión e xenerosidade, demostran que cando unimos esforzos somos capaces de crear cousas verdadeiramente fermosas.

Foron dous días de intenso traballo, tanto de Carmen como das súas colaboradoras, e aínda así atoparon tempo para compartir coa rapazada da ESO a beleza da súa profesión, así como para achegar unha tarde de traballo compartido ás familias que viñeron o martes 2 de decembro.

Moitas grazas a todas e todos por facer posible esta marabillosa decoración con globos. Este mes de decembro o colexio luce máis acolledor, máis alegre e máis máxico ca nunca.

Os nenos e nenas de infantil estaban moi ilusionados coa nova decoración!



Tivemos unha sesión de contacontos moi especial co conto de "O apalpador" de Xoan G. Logo fixeron nas aulas unha manualidade de recordo.











Gustou moite e deixámolo por se o queredes escoitar nas vacacións.


Tamén a canción que estivemos escoitando!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!