Momentos da asamblea desta semana:
O martes contamos este conto e fixemos unha actividade.
Era unha tarefa complicada, tiñamos que pintar de cores sen saírnos do camiño que facía o noso arco da vella. Empregamos a témpera sólida.
Repasamos as cores do arco da vella
Chulada artistas!!!
O mércores contamos Julieta y su caja de colores.
Collemos papel continuo e a profe debuxou unha caixa de cores, como a das nosas acuarelas. Fomos estampando as nosas mans en témpera e dicindo a cor. Esta actividade non so foi para recordar as cores, senon para fomentar a autonomía que moito tivemos que lavar as mans.
Coas acuarelas pintamos un pincel.
"Saber pintar es saber decir las cosas". Esta frase do libro recolle moi ben o noso día a día. Os nenos expresanse a través das cores, das raias e de todo aquelo que nos din cando están debuxando. Porque os nenos mentras debuxan, crean. Pintando sobre o papel unha caixa de cores.
Unha vez seco colgámolo no corcho.
O martes, Lucía ensinounos o debuxo que fixo no block da mochila viaxeira. Xogou coas cores. Axudoulle a súa mamá.
A seguinte viaxe da mochila é na casa de Dani.
Esta semana tamén tivemos a visita de Pepito, argallou algunha das súas.
Descolocou todas as letras do xardín das letras da asamblea.
Pintounos as mesas da clase, menuda desfeita.
Pero tamén está triste e non nos quere facer trastadas porque di que faltan moitos nenos e nenas esta semana. A recuperarse no finde para volver o luns e desfrutar da última semana deste trimestre peques.
O venres, antes de ir para o comedor fomos ver os adornos que fixeron os nosos compis en relixión coa profe Yoli, quedaronlles moi chulis. De paso aproveitamos para ver o nadal en 4 países distintos que fixeron os nenos de primaria.
Boa fin de semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!