domingo, 22 de xuño de 2025

sábado, 21 de xuño de 2025

DESPEDIDA DO CURSO!

 

Os cumples do verán os celebraremos en setembro debido a falta dalgún neno.

venres, 20 de xuño de 2025

Dando a benvida ó verán!


Hoxe foi o último día de cole para os peques e celebrámolo cunha festa de verán ó aire libre!

xoves, 19 de xuño de 2025

Moita sorte Izan!

  O vindeiro curso o noso compi, Izan, marcha para outro cole. Nós queremos desexarlle moita sorte.

Arte: últimas tarefiñas!


Nos últimos días fomos preparándonos para o remate das clases e as últimas tarefas pendentes.

mércores, 18 de xuño de 2025

PROXECTO DE ARTE 3 ANOS

 

Estas últimas semanas estamos aproveitando para rematar o proxecto e facer artistasdas varias.

martes, 17 de xuño de 2025

O NOSO MUSEO


O proxecto de arte que estivemos levando a cabo estes 2 trimestres tiña como finalidade coñecer distintas técnicas e estilos artísticos arredor do mundo para poder construír un museo.

luns, 16 de xuño de 2025

Cumples de xuño e verán!

 En xuño cumplen Daniela o 13 e Iria o 15,  en xullo Martina o 10  e Abrahán o 23 e o 25 de agosto Alana.

Cumples do verán na clase de azul, FELICIDADES A DANA, HUGO e EREA!


Hoxe celebramos os cumples de XULLO  e  AGOSTO, xa que ata setembro non nos vemos.
 Moitas felicidades por adelantado a DANA, a HUGO e a EREA que cupren os 5 no verán!

domingo, 15 de xuño de 2025

Os nenos e nenas da guarde visitan o cole!

 O venres os nen@s que no vindeiro curso estaran no noso cole ou noutro cole do redor, compartiron un par de horas con nós.

sábado, 14 de xuño de 2025

Tingatinga!

  Estos días andamos a recoller os traballiños, facendo portadas e compartindo momentos neste final de etapa. O último pintor en traballar é Tinga Tinga.

mércores, 11 de xuño de 2025

GRAZAS familia BLANCO MASEDA!

Este mércores rematamos coa nosas visitas das familias a nosa clase, desta vez fixerono os papás e a irmá de Anxo.

martes, 10 de xuño de 2025

C@NTO CONTIGO CON PACO NOGUEIRAS

 

Hoxe tivemos un espectáculo onde Paco Nogueiras fai un percorrido por cancións dos seus traballos "Brica Vai", "Radio Bulebule" e "Extra!" sacando a nosa lingua a voar de xeito lúdico e divertido, onde tod@s bailamos e participamos pasandoo moi ben!!

venres, 6 de xuño de 2025

Arte: Arte Tingatinga!

Continuamos traballando no proxecto de arte achegándonos nesta ocasión a EDWARD SAIDI TINGATINGA, un artista africano nado en TANZANIA e que deu orixe á corrente artística africana coñecida polo seu apelido: TINGATINGA.

Andaina solidaria!

Hoxe venres día 6 de xuño tivo lugar a andaina solidaria en apoio a nenos, nenas e  adolescentes con cancro e as súas familias.

xoves, 5 de xuño de 2025

GRAZAS familia AIT BOUIHIA ELJBARI

  Hoxe tivemos visitas das bonitas, a das nosas familias, nesta ocasión visitaron a nosa aula os papás e o irmán de Rihana.

domingo, 1 de xuño de 2025

As cabazas están no novo horto!

Ao ladiño do noso patio tamén temos algo de terra, foi aí onde decidimos plantar as nosas cabazas para poder velas medrar mentras xogamos. Estas cabazas son as que plantamos no noso mini invernadeiro en xaneiro.