venres, 21 de abril de 2023

Xeometrías con dinos

Estos días seguimos descubrindo máis curiosidades dos dinosaurios e tamén xogamos con diferentes formas xeométricas para crear dinos.
Comezamos o 3º trimestre, xogando:
Estampamos a nosa pegada nun sobre que será un xogo. O sobre do xogo das dinometrías:Experimentando con tantas figuras xeométricas:Fixemos un diplodocus e tamén intentamos facer un triceraptos:
Profundizamos no ESTEGOSAURIO:
Canción do estegosaurio:
Buscando estegosaurios na clase:
Ata na nosa roupa:
Alma trouxonos á clase dous dinos que saíran de ovos. Temos moitos dinos, GRAZAS FAMILIAS. É moi interesante aprender entre todos.
O BRONTOSAURIO:
Parécese ao diplodocus, pertencen os cuello largo. Destroquelando unhas partes dun brontosaurio para compoñer un crebacabezas no libro. Despois escribimos a palabra DINO.
Respira por un bulto que ten na súa cabeza. Coloreámolo co noso dedito máxico.
Atopamos dous na clase.
ARTISTADA. 
 Cada neno pintou un trociño de papel continuo de cores.
Estamos a descubrir o noso corpo mediante o debuxo, temos 5 dedos en cada man. Por iso pintamos a nosa man de branco e estampámola no cacho anteriormente pintado.
Despois puxemos o noso nome, OLLADE QUE BEN QUEDOU. Falta Uxía e Valentina para que veñan decorar o seu cachiño que esta semana non vieñeron ao cole.
O mércores tivemos unha sorprsa, cambiáronnos a pantalla da clase. Estaban todos super emocionados e agora podemos quitar fotos con ela. Que guapos saímos!!!!
Seguimos a traballar o noso nome, esta semana entre outras actividades escribímolos na pizarra blanca. 
Á seguir practicando peques!!! Estádelo facendo moi ben.
SONRISA DE VENRES!!!!! Hoxe contamos un conto que se titula SER AMIGOS e despois fixemos esta foto. Ata luns!!!Bo fin de semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!