sábado, 29 de abril de 2023

QUE COMEN OS DINOS?

Esta semana repasamos o que comían os dinos.

Uxía e Valentina remataron o mural que xa colgamos no noso corcho. Quedou chulísimo artistas!! 

Thiago chegou a clase con un dino e un OVO. Puxémolo en auga.
Ao día seguinte saíu un triceraptos. Xenial!!! Recordamos que os dinos son ovíparos. 
Ahmed e Héctor tamén nos trouxeron dinos esta semana. FAMILIAS, sodes moi molonas. Grazas por encher o noso recando de información.
Cando coñecemos os diferentes dinos xa imos vendo que é o que comen. Diferenciamos entre CARNÍVOROS (aqueles que comen carne). No traballo sobre o papel contamos canto comeu este T-Rex. 
E HERBÍVOROS (aqueles que comen vexetais ou como din os nenos, os que comen herba). Traballamos sobre o libro facendo series de dinos e vexetais.
Descubrimos que según o que comen os seus dentes son moi diferentes:
Os dentes dos herbívoros son planos e os dos carnívoros son afilados. Os nenos dixeron que os do T-rex tiñan que ser moi afilados e grandes, xa que tiña que comer moito. 
Facendo dentes de dinos con plasti, había dinos con dentes pequenos e outros con dentes moi grandes e afilados.
Seguimos traballando o nome, desta vez buscando no papel as letras que compoñen o noso nome.
Sonrisa cun diplodocus que nos regalou a profe Uxía que llo fixo a súa mamá!!Moitísimas grazas!! Ata mércores peques, pasade boa ponte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!