Volvemos das vacacións repasando máis a fondo detalles sobre os dinos e outros seres vivos. Nesta ocasión centrámonos na alimentación, e como esta se reflexa nas características do seu corpo para atacar, no caso dos carnívoros, e defenderse, no caso dos herbívoros.
Tras repasar como eran os seus dentes, e paralelamente a todas as actividades que veredes nesta entrada, decidimos decorar a nosa clase cuns cadros de dinos nos que se viran os dentes e as súas características bñasicas. buscamos ideas por internet, fixemos votacións e chegamos a acordos. Gustáronnos unhas imaxes de dinos herbívoros e carnívoros cepillando os dentes. Eliximos ffacer un T-REX para os carnívoros, un cuello largo para os herbívoros e un tricertops para os herbívosos con fociño de pico. Levounos bastante tempo pero quedaron moi ben!
Aquí podedes ver como nos quedaron! Empregamos distintas técnicas e materiais e xa decoran a nosa parede!
Aquí os artistas!!!
Ó mesmo tempo fomos repasando como a forma de alimentarse influía noutras características do corpo armas e defensa...
Entre estes traballos tivemos un grantraballo de observación e rematamos facendo un xogo de adiviñanzas coa DINOXEOMETRÍA. Deixamos as creacións a ver se na casa adiviñades qué dinos fixeron.
Á hora de observar, adiviñar e presentar no proxecto traballamos moito a linguaxe e a descripción. Coa profe Uxía realizaron unha actividade de relato de historias. Uxía presentoulles unha caixa con distintos elementos (ovos, animais, plantas, lugares) e eles tiveron que crear relatos para os compis. Foi unha experiencia xenial!
Ademais tivemos a sorte de que unha nai se animara vir presentar un dino novo a clase!
Foi unha experiencia estupenda que nos deu pe a seguir investigando e aprendendo!
Anabel e Ivana presentáronos na clase o ALLOSAURUS ou ALOSAURO.
Mostrárono en clase e explcaron como era e como vivía. Todos e todas estiveron moi atentos e mesmo levaron un detalliño de recordo.
Logo seguimos investigándoo...
E gardámolo en papel para o noso arquivo de dinos!
Seguiron chegndomateriais para o recanto!
Aproveitamoa ara repasar algún deles como o:BRAQUISAURO, TRICERATOPS, PLESIOSAURO...
XOEL tróuxonos algunhas fotos xeniais no MUSEO XURÁSICO de Asturias. Falounos dos dinos das imaxes e entráronnos ganas de ir!
IZAN tamén nos compartiu os seus debuxos de BRONTOSAURIOS e PARASAUROLOFUS tocando as súas cancións!
Falamos un pouco deles facendo un pouco de repaso e coparando con outros dinos.
AARÓN tróuxonos uns dinos super chulos: 2 TRICERATOPS e 1T-REX. Falounos un pouco deles e fíxoo moi ben.
ADAM trouxo uns dibus para facer un xogo de adiviñar cos compis. Estivo xenial e gustoulles moito participar!
GRAZAS A TODOS E TODAS POR COLABORAR!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!