sábado, 21 de xaneiro de 2023

Comezamos o 2º trimestre

 Comezamos o segundo trimestre traballando a estación na que estamos e tivemos sorpresas, porque vimos a neve!


Novo ano, cambio de equipo!
Estos días andamos a descubrir elementos do inverno. Comezamos con unha canción:

Fixemos unhas boliñas de inverno. Pintámolas coa cera máxica.
Poñendo neve.
E mirade que bonitas nos quedaron. 

Entre traballo e traballo seguimos xogando, desta vez por rincóns.
Que andaran pegando estes peques no folio? Teñen cores moi invernais. 
Despois de pegar debuxaron unha árbore de inverno.
E volveron facer neve co dediño máxico (o mesmo día que a vimos a través da ventá).
Que paisaxes invernais máis chulis.

QUE ARTISTAS!!!
Rematamos esta publicación facendo letras coa plasti.

Ata luns peques!!Seguiremos aprendendo máis sobre esta estación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!