Collemos o punzón para picar.
Nas anteriores artistadas pintamos a neve co noso dediño máxico, desta vez debuxámola con unha cera branca.
Neste trimestre estamos a comezar a trazar letras e temos unha amiga moi especial que nolas vai presentando.
Chámase Estreliña Máxica. Vén durmir a nosa clase porque de noite está brillando no ceo. Polo día dorme na nosa clase e cando a despertamos sempre nos ensina unha letra . Aprendeunos a facer a I e a O. Que fácil e que sorte contar con esta estreliña que é a nosa amiga.
Para a semana comezamos con moitas sorpresas porque comezamos novo proxecto!!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!