sábado, 21 de xaneiro de 2023

COMENZANDO 2ºTRIMESTRE CON MOITO FRIO!!!

 

Retomamos o colexio es as rutinas cunha nova estación INVERNO

Antes de rematar o trimestre quedounos pendente de contar o conto de LUCAS 0., así que contouno, despois elexiu a páxina que mais lle gusta e decidimos que debuxabamos, e fixemos un gorila e unha ratiña protagonistas desta historia

Tamé a caixa máxica touxo unhas siluetas para a mesa de luz do conto do monstruo das cores, así que na BIBLIOTECA Mía contounos o seu conto outra vez e despois xogamos coas pezas a clasificar as cores das emocións.
Ea gran sorpresa da volta das vacacións e cas landras que recollemos no magosto e plantamos como o conto de Zoe de "Xaime e as landras" estan medrando!!!!


A volta ao cole esta sendo moi fría e chuviosa polo que estamos a traballar estes días un pouco os cambios da estación
Primeiro debuxamos as cousa que sabiamos da estación(que nos abrigamos moito para non ter frio, que neva...)
Así lles quedaron os debuxos

Tamén aproveitamos a facer series de cores
e chegou a neve e decidimos en facer copos, primeiro na pantalla, despois no folio con cera branca e finalmente pasamos por encima as cores do inverno e comezou a nevar...

As árbores nestas datas non teñen follas e fixemos algún na paisaxe nevada
Tamén estamos coñecendo animais do frio

como o PINGÜÍNO

Agrupamos e contamos bolas de neve


Tamén nestes días apareceu una caixa chea de caixóns que nos encanta porque esta chea de cousiñas que nos gustan investigar, cada día estamos abrindo un caixón 



Para a semana seguimos con maís cousas!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!