Os ata agora peques de infantil (4ºEI) xa non o son tanto e terán por diante un curso no que seguro desfrutarán e aprenderán moito cos compis que xa son amigos e amigas.
O alumnado de 5º de infantil xa vai rodado quentando motores para clase dos maiores e cuns amiguiños e amiguiñas que o serán seguro por moitos anos.
Os nenos e nenas de 6º de infantil rematan unha etapa que foi moi especial, e o equipo de infantil deséxavos o mellor na nova etapa de primaria!
Só nos queda despedirnos ata o próximo curso e deixamos un vídeo de fotos dalgunhas actividades de onte e hoxe. Unha pena non poder facer a saída, pero retomarémola cando sexa posible😉
Grazas a todos e todas por este curso e tede un bo verán!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!