venres, 17 de xuño de 2022

ACTIVIDADES VARIADAS e UNHA DESPEDIDA ESPECIAL!!


Antes de rematar este mes de xuño e coller as vacacións, seguimos traballando.

 Portada dos traballiños da primavera.

1º pintamos unha cortolina verde con esponxa para pintar un campo.

2º recortamos círculos de diferentes tamaños para compoñer as nosas flores. Decoramos o tallo e as follas.

QUE APRENDEMOS DA PRIMAVERA?
PALITROQUES!! Acércase o San Xoán e é moi típico velos en calquera lugar.
DENTE DE LEÓN DE CORES!! QUE DIVERTIDO É IR POLOS PRADOS E IR SOPLANDO...
Resultado final:

BUSCANDO O SOL CUNHAS FLORES QUE PICAMOS E PUXEMOS PAPEL TRANSPARENTE.
Que divertido é ver o noso redor de colorines.
DECORANDO A BOLSA DE TODOS OS TRABALLIÑOS
Colando lá na nosa cara divertida.
Despois de colocar os ollos, as cellas e a nariz. Pegámolo na bolsa.

AYA
O pasado 25 de maio a nosa compañeira Aya marchou do noso cole para Rábade. Desexámoslle moita sorte e sempre a recordaderos co seu sorriso e alegría. QUERÉMOSTE!! Estamos desexando que veñas recoller un libriño de debuxos moi chulis que che fixemos!!



OUTRAS ACTIVIDADES
Chegamos e collemos libros para ler, buscamos palabras e intentamos ler algunha.

Escribindo, neste caso o menú.
Debuxos de nós mesmos.
Pintando camisetas (debuxando a nosa cara).



Conto da Toupiña. Desta vez fixemos un mural cos nosos debuxos do que máis nos gustou do conto. Entre todos escribimos o título, porque era un título moi longo.

Estación que vai comezar para á semana: O VERÁN.
Pintando en papel continuo unha paisaxe moi veraniega!! 

A poñer o bañador que nos imos para a praia equipo!!
Xogando co slime, que diver que imos poder levalo para á casa.
Moitas apertas equipo!!! Sodes estupendos!!
Vémonos luns para rematar a última semana de cole!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!