xoves, 16 de xuño de 2022
AMIGUIÑOS! + REMATANDO!
Nas últimas semanas adicámonos a ir rematando o proxecto do corpo, repasar todo o visto ó longo do curso e ir coñecendo as minúsculas presentes nos nosos nomes. Para estas tarefas fomos conformando o libro dos AMIGUIÑOS. Neste libriño practicamos as minúsculas das letras dos nosos nomes, buscamos palabras cos sons das letras, repasamos os números, sumas, formas xeométricas, series, conceptos básicos, etc. Ó tempo que coñecemos máis os nosos compis de clase.
Aquí podedes ver unha mostra, traballamos moi duro!Prepararon unhas portadas con detalles elixidos por eles mesmos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!