mércores, 21 de outubro de 2020

Que estamos facendo no cole?


 Pois a resposta sería: de todo!!! Pero hoxe contamos algunhas delas...

En 4º de infantil (3anos), comezamos este curso xogando moito e

experimentando cos materiais da clase: pinturas, rotus, pegamentos, tesoiras...




Cantamos, facemos ritmos, contamos contos, xogamos con plasti, facemos colares, saímos a practicar na pizarra, practicamos con rotus que se borran, comezamos a practicar cos nosos nomes, números, xogamos coas figuras xeométricas... Mentres imos aprendendo as rutinas diarias de pasar lista vendo quen está e quen nos falta, vemos o calendario e imos aprendendo os días da semana, contamos...

Os primeiros recreos fóra da aula fixéronse complicados para algúns ós que lles costaba saír da clase, onde se sentían protexidos. Unha vez fóra pasámolo moi ben e logo dun tempo todos e todas estaban encantados de saír a xogar cos novos amigos e amigas que fixeron no cole.




Saír á clase de psicomotricidade, é algo que nos costou un pouquiño ó principio, pero unha vez alí pasámolo pipa co profe Rubén!
Comezan sempre sentados atentos nas súas marcas para saber qué van facer en cada sesión.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!