etiquetas

luns, 26 de outubro de 2020

Facemos un conto! - "O polo Pepe vai ó cole"


Como xa imaxinaredes o primeiro trimestre de 3 anos é un trimestre adicado sobre todo a coñecernos, coller confianza, facer amizades, aprender as normas do cole, acostumarnos ós cambios e ás rutinas, coñecer materiais e aprender a empregalos, etc. Son moitas cousas novas! 
No cole lemos moitos contos, pero uns gústannos máis que outros. Un dos contos que
máis nos gustou foi o conto de "El pollo Pepe" que moitos xa coñecían. 
Aquí vos deixo un par de cancións que puxemos no cole e que nos encantaron sobre este conto.

Pero o que non coñecíamos era o conto de "El pollo Pepe va al colegio". Deixamos aquí unha lectura do mesmo por se vos apetece velo na casa.

Gustounos tanto que decidimos facelo para levar para a casa cos nosos traballiños a final de trimestre. A través do conto fomos experimentando con materiais e serviunos para practicar algúns con contidos que estamos traballando como dentro-fóra, moitos-poucos e algúns cores, números e letras cos que nos iremos familiarizando pouco a pouco e que polo momento empregamos a modo de práctica de trazos e xogo, e que plasmamos en papel neste conto.
Son uns verdadeiros artistas e esforzáronse moito. Quedaron xeniais!!!

Aquí podedes ver as portadas, que quedaron moi chulas!


E o interior, no que practicamos cun montón de materiais: lápis, pinturas, pegamento, tesoiras, gomaeva, brillantina, pegatinas, plumas, témperas, ollos que se moven, etc. Fixemos puzzles, buscamos letras e números que estamos empezando a coñecer,... Unha chea de tarefiñas!

Tamén decoramos un Pepe grande para a fiestra do baño. Levounos varios días, pero conseguímolo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!