etiquetas

martes, 20 de outubro de 2020

Comezamos coas publicacións no blogue!

Hoxe damos comezo ás publicacións de 4º de infantil neste blogue, o que vos servirá de ventá ás aulas, algo moi necesario este ano que non vos podemos convidar a entrar como ocorrería normalmente. 

O blogue pode ser unha ferramenta estupenda para manternos conectados, que esteades ó día do que facemos no cole, e por suposto como recursos educativo sobre todo para o desenvolvemento da linguaxe e das habilidades coas novas tecnoloxías.

Así, coas entradas no blogue tentaremos tervos ó tanto do que vamos facendo nas distintas conmemoracións e unha vez comecemos cos proxectos poidades seguilos e mesmo colaborar dalgunha forma que nos pareza posible e compatible co protocolo sanitario.

Recordade que sempre tedes a vosa disposición o espazo dos comentarios para poder participar ou preguntar o que vos poida xurdir.

En 4º de infantil (3 anos) tentaremos facer publicacións da forma máis frecuente que  sexa posible, e sería xenial que as vexades cos peques e que eles mesmos, apoiándose nas imaxes tentaran contarvos que estamos facendo. Sempre teredes a explicación no texto que as acompañará, pero que sexan eles os que expliquen axuda a que sintan a conexión entre a casa e a escola, axuda a que desenvolvan a súa linguaxe oral, repasen contidos vistos na aula, etc. Ademais iremos trallando distintos contidos que se reflectirán nas entradas e que reflexionen sobre os mesmos explicándoos é unha forma máis de que os asimilen.

Os aniversarios celebrarémolos a finais de cada mes e non tedes que enviar nada. Se están maliños na data que o celebremos, acumulámolos para o seguinte mes.

Nas entradas poderedes ver non só os cumples e o que facemos en cada conmemoración, se non que coñeceredes algunhas rutinas que levamos a cabo nas clases e que podedes seguir en caso de que se poñan maliños, de que haxa algún confinamento, de que vaiamos de vacacións para que non esquezan o traballado... Tamén iremos deixando algúns recursos máis adiante, para que se nalgún momento queredes facer algo con eles na casa, rememos todos na mesma dirección.

En todo caso agardamos que sigades o blogue para manternos conectados e podades implicarvos na vida do cole.

Moitas grazas por colaborar!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!