luns, 15 de xuño de 2020

DESPEDIDA DOS ALUMNOS/AS DE CINCO ANOS


Chegamos ao final deste curso inusual coa boa noticia de comezar coa nova realidade.
Toca recoller a nosa habitación, gardar as fichas, xuntar todos os materiais que usamos durante estes meses...para poder empezar coas desexadas vacacións.


Esta semana estará adicada as despedidas, hoxe despediremos ao nenos/as de cinco anos, comezamos cunha presentacion do noso Departamento de Orientación do paso a primaria. 


ORIENTACIÓN ACADÉMICA: O PASO DA EDUCACIÓN INFANTIL Á EDUCACIÓN PRIMARIA


Funciones ejecutivas paso de educación infantil a educación primaria.

O tránsito entre etapas educativas supón un cambio que implica ó alumno/a unha marcada diferencia, no que se expón a un crecemento persoal, social e educativo. É neste último punto onde reside a importancia de planificar as transicións, pois estas poden afectar ao propio proceso de aprendizaxe, co cal é necesario contemplar nexos e vínculos inter-etapa que favorezan un proceso de tránsito o máis natural e beneficioso posible.

As etapas de transicións e cambios, polo xeral, sempre son momentos algo difíciles e problemáticos para os nenos/as, sobre todo cando estes son máis pequenos pero, lonxe de considerar as transicións como momentos complicados, o que se debe facer é utilizalas como oportunidade para que o alumno/a se adapte á diversidade e aprenda a enfrontarse as novas situacións.

Pasando a falar do paso da Educación Infantil á Educación Primaria, os cambios máis notables que se producen no paso dunha a outra refírense aos seguintes aspectos: profesorado, espazos, distribución do tempo e rutinas, metodoloxía e materiais. Pero un dos cambios máis drásticos que acontecen nas aulas dos primeiros cursos de Primaria é o enfoque metodolóxico e o modelo pedagóxico.

En Infantil, o alumnado aprende baixo enfoques caracterizados por un marcado carácter vivencial e globalizador, traballando contidos suxeitos a áreas de coñecemento e experiencia. A realidade cotián do neno/a é o elemento sobre o que se aprende e do que se aprende, estando o tempo estruturado en base a rutinas e hábitos progresivos, e métodos de traballo baseados na investigación.

Na Primaria, en cambio, os coñecementos aparecen parcelados, divididos en materias e áreas, cada unha cun peso académico específico, repartidos ao longo dun horario prefixado e estudiadas por medio de exercicios e actividades de corte máis memorístico e instruccional, centrando o proceso educativo cara o manexo de competencias.

Dito isto, a continuación inclúo un vídeo onde explico os cambios máis importantes de Infantil á Primaria.






Aquí vos deixo a presentación en soporte de PDF para que podades visualizar cada diapositiva máis detalladamente.












Aquí deixámovos un vídeo especial para os nosos nenos/as maiores




Cremos en vós,en todos e todas.
 Sabemos que seredes unhas boas persoas.
Non vos rindades porque en realidade iso é a vida. 
Perseguir os vosos soños ata alcanzalos.

As mestras de Infantil

2 comentarios:

  1. Que bonitoooo!!!! Confiarvos aos nosos nen@s foi moi fácil, porque vós tamén demostrastes sobradamente ser unhas boas persoas e o mellor equipo. Grazas a cada unha de vós por todo o que fixestes por Bruno, sodes maravillosas!!!!

    ResponderEliminar
  2. Precioso!!!!!! Moitísimas grazas a todos os mestres e mestras de infantil por facer desta etapa un recordo maravilloso para os nosos nenos e nenas e sentarlles os pilares do coñecemento que na súa andaina pola vida seguirán desenvolvendo.
    Grazas por todo de parte de Rubén e a súa familia

    ResponderEliminar

Deixanos aquí os teus comentarios!