venres, 12 de xuño de 2020

EU QUEDO NA CASA III

Venres 12 de xuño:



A nosa proposta de hoxe consiste en varias partes:

Primeiro sairemos a explorar o que nos rodea e faremos unha investigación e recollida de flores, follas...de diferentes cores.



Despois as clasificamos por cores


Sobre unha tea ou servilleta, presionar as flores cun martelo para ver de que cores pintan. Algunhas pódennos sorprender deixando cores que non son as súas. 

Podedes xogar a unir as que son iguais




Despois crear flores coas flores recolectadas, creando a vosa flor única


Con as que vos queden meteredelas nunhas cubiteras con auga e así observaredes a natureza dende unha perspectiva xeada, ao desfacerse teredes un bello estanque de nenúfares.


Esperamos que disfrutedes moito con esta actividade!





Xoves 11 de xuño:

Porqué traballar a grafomotricidade?
É unha actividade basada nas habilidades motoras finas, fundamentais para a mellorar a preescritura, os nenos/as collen e desenvolven un maior dominio das distintas partes do corpo como o pulso, os dedos, antebrazos e mans. Destreza en movementos, e melloran na direccionalidad e ademais de potenciar a súa rapidez e legibilidad e fluidez na súa escritura.
Por eso é imporatnte cos nenos/as poidan crear en combinar trazos.

A nosa proposta de hoxe e facer un arco da vella coas distintas cores e facendo diferentes trazos.
Deixámosvos uns exemplos:




Mércores 10 de xuño:

Hoxe botaremos tapóns nun barreño e con dous palos o culler intentaremolos pescar e clasificar por cores.

Algo así:




Martes 9 de xuño

Como onte foi o día dos oceanos esta semana propoñeremos actividades relacionadas coa auga. Comezaremos facendo barcos!

Poden ser de diferentes materiais




O maís divertido será poñelos a navegar, querémolos ver!








Luns 8 de xuño 


Música

OITAVO RETO DE MÚSICA


Ola nenas/os:
 Dende a aula de música tamén imos a realizar actividades durante este tempo de confinamento que ogallá non dure demasiado.
 A miña idea é a seguinte: Cada semana proporei un reto relacionado coa educación musical. Esta actividade vai dirixida tanto ao alumnado de Educación Infantil como ao de Educación Primaria. Este reto teredes para realizalo unha semana exacta.

 OITAVO E ÚLTIMO RETO (DO 05/06 AO 12/06 DO 2020):

 VIAXANDO AO VERÁN A TRAVÉS DOS INSTRUMENTOS . A derradeira tarefa deste tempo de confinamento consistirá en viaxar polo mundo a través dos instrumentos musicais. O reto será que cada alumna e cada alumno investiguen un instrumento musical que exista no mundo. A continuación deberán debuxalo e decoralo como queiran nunha cartolina ou nun folio onde figurará o nome así como a súa procedencia. Para facilitar isto, deixo uns enlaces que poden axudar á confección da actividade.




 Cando teñades todo isto feito, debedes mandalo ao seguinte enderezo de correo electrónico: musicacospeito@gmail.com
 No caso de que a imaxe ocupe demasiado espazo ou non colla no devandito enderezo empregade We Transferpara mandar o arquivo.
Sen máis e esperando que todas/os esteñades ben agardo polas vosas creacións.

Un saúdo. Miguel Ogaza Rodríguez.









Co "día mundial do medio ambiente", a organización de Nacións Unidas procura sensibilizar a opinión mundial en relación a temas ambientais, intensificando a atención e a acción política e co obxectivo principal de darlle un contexto humano, motivando ás persoas para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo; promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.
O Día mundial do Medio Ambiente é un evento no que se realizan múltiples actividades: concentracións nas rúas, concertos ecolóxicos, ensaios e competencias nas escolas, plantacións de árbores, campañas de reciclaxe e de limpeza, entre outras. En moitos países esta celebración é unha oportunidade de asinar ou ratificar convenios internacionais e, algunhas veces, establecer estruturas gobernamentais permanentes relacionadas co manexo ambiental e a planificación económica.

A nosa proposta para hoxe : Un comedeiro para páxaros

Necesitamos:
Un cartón de leite baleiro
Tesoiras
Ramiñas
Pegamento
Corda 
Pintura de cores

Primeiro lavar o brick de leite, despois podedes abrirlle unha ventá nun lado. Esperar a que seque e podedes pintalo, a decoración e cousa vosa.
Para colgalo podedes engadir unha corda na parte superior. 
Con eso estaría listo, só tes que esperar que apareza algún paxariño e se fixe na vosa casiña

Deixámosvos algún exemplo


 Necesitan un pauiño para que poida  apoiarse para comer.
E se queredes que teñan un aire máis natural podedes poñerlle unhas ramiñas enriba


Deixámosvos un video da mestra Inés para complementar a nosa casa




Para finalizar uns ECO-RETOS:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!