Deixámosvos aquí unhas ReCoMeNdAcIóNs para estes meses:
- Recomendámosvos facer actividades con eles ao aire libre e en contacto ca natureza. Actividades lúdico deportivas, natación e xogos na auga. Si se pode facer algunha viaxe é bon implicalos no proceso de preparación: sacar, recoller e gardar as súas pertenzas, facéndose responsables delas
-Acostumarse a esperar, non se deben satisfacer as súas necesidades ou desexos no mesmo momento.
- Falar moito con eles de temas variados, explícandolles as cousas. Que nos conten experiencias do día a día nas que nós non estabamos presentes. Falar do porque das cousas, usando unha linguaxe habitual.
- Repasar cousas que traballaron na aula, sempre dunha maneira lúdica.
- Si é posible con actividades da rutina diaria (facer a lista da compra, ler productos do supermercado, preparar diñeiro para comprar algunha chuche, facer unha lista de cousas que levar na maleta…)
-Ter o bon hábito de contarlles tódolos días un conto. Deixar que nolo lean eles, que nolo conten, que inventen outro final, que inventen contos…Ter o seu propio rincón de lectura, a súa propia biblioteca. Lerlles todo tipo de lecturas, revistas, periódicos, receitas…
- Para afiánzala lectoescritura, ler pequenos letreiros dos lugares onde acudides. Pegade as entradas de lugares a onde acudides, nun folio e logo escribir o lado ca súa letra ese lugar que visitaron, será un bonito libro de recordos do verán. Podedes tamén escribir a lista da compra, dictándolla e esaxerando fonemas.
- Escribir o nome e apelidos en maiúsculas e minúsculas.
- Conceptos lóxico-matemáticos: podedes xogar a ordenar cousas da casa, por exemplo ordenar a neveira, colocar ás mazás, distintos tipos de verduras, os iogures…Poñer a mesa, contando canta louza precisamos según os que somos.
- Repaso de sumas e restas; podemos facer sinxelas sumas e restas, por exemplo: dinche dúas cereixas e agora douche tres máis, cantas tes agora?
- Realizar pequenas actividades plásticas con diferentes materiais, telas, plastilina, ceras, plásticos… Recortar papeis (revistas, xonais, follas vellas…) Recortar libremente e recortar por raias pintadas.
- XOGAR a oca, parchís, tres en raia, cartas…
- Ler e contar adiviñas, trabalinguas, poesías, …
- Buscar no xornal diferencias, buscar letras, copiar debuxos…
Pero o máis importante é lembrar que:
O VERÁN É UN TEMPO PARA ESTAR EN FAMILIA, AO AIRE LIBRE, PRIORIZAR O XOGO E AS RELACIÓNS SOCIAIS E PARA DEBUXAR, SALTAR, CORRER, NADAR, CREAR, IMAXINAR, BAILAR, EXPERIMENTAR...E SOBRE TODO DISFRUTAR!!
BO VERÁN E FELICES VACACIÓNS
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!