sábado, 16 de maio de 2026

Conto na radio para celebrar as Letras galegas de Begoña Caamaño! Participación no concurso de pódcast!

O alumnado de infantil no mes de marzo gravou un pódcast para un concurso da radio. Foi moi divertido participar nesta nova experiencia, non gañamos pero pasámolo moi ben. 
Este ano celebramos o Día das Letras Galegas dedicado a Begoña Caamaño. Unha escritora galega que defendía a igualdade e que moitas veces recuperaba historias coñecidas e contábaas dun xeito diferente e feminista. Inspirándonos nela, quixemos imaxinar un conto coñecido doutra maneira.

Creamos a nosa propia versión de Carapuchiña Vermella: unha protagonista valente, libre e dona da súa historia. Begoña Caamaño ensinounos que as historias tamén se poden contar doutra maneira. Esperamos que vos guste.











Pódelo escoitar na nosa canle de ivox:


O pódcast en vídeo:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!