xoves, 14 de maio de 2026

ACTIVIDADES DAS FAMILIAS DE CATRO ANOS

 


A mamá e o papá de Áureo comezaron contando o conto “Buscar” de Olga de Dios. Este conto fala da curiosidade, da importancia de observar o que nos rodea e da aventura de buscar cousas, persoas e emocións que ás veces non vemos á primeira vista. A través das súas ilustracións e personaxes, anímanos a explorar, descubrir e compartir momentos cos demais.

Despois da lectura, fixemos un xogo moi divertido no que tivemos que buscar e recoñecer os personaxes do conto. A actividade axudounos a prestar atención, traballar en equipo e gozar da historia dunha maneira lúdica e participativa.

Despois, fixemos a creación da nosa propia personaxe inspirada no conto. Primeiro, cada neno e nena escolleu a cor coa que quería pintala. A continuación, recortamos e pegamos os ollos e a boca para darlle expresión e personalidade. Para rematar, escribimos o nome do conto na nosa creación. 

Foi unha actividade moi creativa e divertida, na que puidemos deixar voar a imaxinación e crear personaxes únicas e especiais.

Moitas grazas por vir papá e mamá de Áureo!!!















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!