O regreso ás aulas sempre trae emocións mesturadas: ilusión por reencontrarnos, curiosidade polo novo curso… pero tamén nervios, timidez ou medo ao cambio. Por iso, o xogo convértese nun gran aliado nos primeiros días de clase.
Xogar non é só pasar un bo rato:
Axuda a adaptarse despois das vacacións, facendo que a volta sexa máis suave e divertida.
Crea vínculos entre compañeiros e compañeiras, reforzando a amizade e a confianza no grupo.
Motiva para aprender, porque cando xogamos sentimos ganas de participar e implicarnos.
Desenvolve habilidades sociais, creativas e cognitivas: desde traballar en equipo ata resolver problemas.
Constrúe un bo ambiente, cheo de alegría e risas, que fai que a aula sexa un espazo acolledor.
Coa chegada de Sabela e Valentina comezamos xogando moito dentro e fora da aula.


Neste proxecto musical, o noso obxectivo é que os nenos e nenas descubran, creen e gocen coa música, facendo do colexio un espazo cheo de ritmo, harmonía e emoción.
Comezamos deixando en papel o que sabian sobre a música
Nestas semanas seguiremos traballando...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!