Temos clase nova, materiais novos, novas responsabilidades...
Comezamos con moito xogo e coñecendo os materiais que non coñecíamos.
Na primeira semana comprobamos de qué nos acordabamos e comezamos a repasar cousiñas do curso pasado.
O ano pasado a música foi a gran protagonista e este curso comezamos cun proxecto baseado na música!
O primeiro que fixemos foi unha charla cunha chuvia de ideas sobre as cousas que sabíamos sobre a música. Recollémolo en papel por escrito e debuxamos os elementos que máis nos chamaban a atención.
Achegámonos a algúns elmentos básicos arredor da música.
Preparamos a cartiña para casa sobre o proxecto e o que se pode traer para poder investigar e experimentar na aula.
E así, tivemos o primeiro contacto cun instrumento. Neste caso unha guitarra. Vimos as súas partes, collémola, tocámola e fixémola soar por quendas.
Ademáis coñecemos algúns instrumentos que surxiron como a arpa ou o ukelele, investigamos nun vídeo dunha orquestra fixándonos nos instrumentos, nos protagonistas como a directora, os músicos, o coro, fixámonos nas partitura...
Vimos un vídeo musical dunha canción actual coñecida por moitos dun grupo en acción cantando e bailando en debuxos e con persoas de verdade.
Durante as investigacións sobre tipos de instrumentos, topamos co piano, que é un instrumento de corda percutida e para ver como funciona vimos varios vídeos. O que máis nos gustou foi o dun neno tocando estupendamente.
Cando falamos de cantantes acordáronse da cancion do baile do gorila e puxémolo para bailar como auténticos bailaríns e cantar como cantantes profesionais!
Pero días de baile tivemos moitos!
Temos cousiñas por mostrar e moito por facer nos próximos días!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!