Nas últimas semanas todo infantil levou a cabo unha chea de actividades de Samaín!
Tivemos un contacontos a cargo da profe Eli co conto "La casa embrujada", na que aparecían unha chea de personaxes propios do Samaín! Ademais rematou cunha canción moi chula que nos encanta "La brujita tapita".
Pintando as palliñas que fomos gardando o curso pasado para facer as vasoiras
Xa colgadas!
Preparamos unhas pantasmas para pendurar do teito na clase. Recortaron con moito coidado e quedaron estupendas!
Apredemos que os celtas crían que había bos e malos espíritos e fixemos unhas pantasmiñas para decorar a nosa aula. Quedamos moi chulis!
Con motivo do contacontos de Samaín na biblio a cargo da profe Eli, fixemos unhas momias para meter medo e que levamos de recordo!
Pegando o gorro.
Unha vez que estaba todo pegado decoramos a bruxiña e colocamoslle unha estrela de pegatina brillante.
Por detrás da bruxiña estampamos morcegos e cabazas, cada un o que quixo.
Pegando tiras de papel que foron cortados coa trituradora.
E xa temos as momias da clase de 5 anos para desfrutar deste Samaín.
Levámola para a nosa casa e asustar a tod@s os nosos familiares e amigos.
Degustamos unha merenda terrorífica...
E dentro de cada aula seguimos traballando moi duro para saber máis do Samaín:
pintamos de marrón a vasoira
e pegamos dous olliños
e finalmente estampamos unha cabaza o un morcego
e así de bonitos quedaron colgados no corredor da escola
Tamén fixemos momias co papel reciclado
Contamoslle aos compañeiros que trouxemos de Samaín
Clase de AZUL
Clase de VERDE
A partir deste conto fixemos unha bruxa, primeiro pintamos a man de verde e a plasmamos no papel
logo picamos o gorroe pegamos dous olliños
e finalmente estampamos unha cabaza o un morcego
e así de bonitos quedaron colgados no corredor da escola
Traballamos o conto de corre corre cabaciña e pintamos con bastoncillos a cabaza traballando así a motricidade fina e o rabiño de cor verde.
aproveitamos para contar cabazas, traballando a serie numércia, o concepto do número e asociando a cantidade a grafía.
Tamén nestes días fixemos pantasmas, a cabeza e o corpo con pincel e tamén usamos as nosas mans
Tamén fixemos momias co papel reciclado
Contamoslle aos compañeiros que trouxemos de Samaín
Na clase de azul comezamos falando do que sabían sobre o Samaín e Halloween. Logo coñecemos máis sobre como onde nós vivimos, en Galicia, se celebra o Samaín dende que vivían os celtas e como era esta peculiar festa.
Logo realizamos unha chea de actividades para envolvernos no Samaín!
Fixemos unhas bruxiñas chulas para decorar o corredor de infantil co resto de compis de 3 e 5!
Aquí recortando os sombreiros.
Plasmando as nosas mans verdes!
Estampando a parte traseira.
Pintando as palliñas que fomos gardando o curso pasado para facer as vasoiras
Quedaron chulísimas!
Preparamos unhas pantasmas para pendurar do teito na clase. Recortaron con moito coidado e quedaron estupendas!
En 4 anos decidimos que íamos ler contiños de medo ata as vacacións de Samaín e pasámolo moi ben con eles!
Lemos:
"Hay una vaca en mi cama"
"Voy a comedte"
"O Gato Montés"
"El tesoro del pirata calavera"
"Corre, corre cabaciña"
Pasámolo xenial!
En relación ó conto da cabaciña bailamos e cantamos a canción, encántanos!
Visitamos a horta do cole para ver as cabazas que se plantaron o curso pasado!
Cunha cabaza que nos trouxeron sacamos as sementes para secalas e facer varias actividades logo duns días secando, e desfrutamos emporcallándonos! Rematamos recollendo ben todo e gardando os restos de cabaza e dos restos da merenda para levar ó contedor de compostaxe que inauguramos este curso. Logo da merenda, xunto con outras compis doutras clases de infantil, fomos a tirar os restos para facer abono para a horta.
Deixamos secar as sementes e fixems unha manualidade para a nosa fiestra con outros elementos da natureza que recolleron no patio do cole.
Decoramos as fiestras da clase. Puxémonos de acordo e logo: mans á obra!
Unha cabaza con morcegos.
Un lobo aullando á lúa chea.
Unha bruxiña voando na súa vasoira entre as estrelas.
Un gato negro entre arañas.
Quedaron terroríficas!
Por suposto tamén traballamos o Samaín en papel como parte do noso proxecto de coñecemento neste caso da nosa cultura.
Trituraron papel froito da recilaxe que facemos na aula. Logo recortaron as siluetas, fixeron pedazos os cachos de papel e pegaron todo!
Rematamos cun mércores emocionante cuns disfraces xeniais!Clase de VERMELLO
Comezamos a época de SAMAÍN recordando unha canción que aprendemos en 3 aniños, bailamos moitas cancións e escoitamos contiños propios desta época como o de Corre, corre cabaciña.
Comezamos por unha manualidade: unha bruxiña coa nosa man.
Gorro de bruxa, toca recortar.
Pintando a variña coas palliñas do leite.Pegando o gorro.
Unha vez que estaba todo pegado decoramos a bruxiña e colocamoslle unha estrela de pegatina brillante.
Por detrás da bruxiña estampamos morcegos e cabazas, cada un o que quixo.
Descubrimos a orixe do SAMAÍN.
Saímos unha volta ao noso horto, a ver que atopabamos e menuda sorpresa levamos coas dúas cabaciñas tan chiquis que había.
Seguimos coas cabazas. Adiviñamos e debuxamos unha cabaza.
Como se nota que xa somos maiores que cada vez saen debuxos con todo luxo de detalles.Volveu a mesa da experimentación. Mirade como desfixemos unha cabaza!
Aproveitamos parte das sementes e un día no patio collemos unhas poucas follas e mirade que artistada tan chuli quedou.
Practicando ca tesoira para facer uns pantasmiñas para as ventás.
Bandexa sensorial de samaín. Dende a nosa porta vimos o ben que o pasaban os nenos de 3 anos e nós tamén quixemos facer o mesmo solo que, o complicamos un pouquiño escribindo na pizarra o que iamos atopando. Grazas clase de Verde!
Lectura de imaxes de samaín. Descubrir unha carta e intentar lela coa axuda de tod@s. Que divertido é aprender un dos outros.
Recortando siluetas de nen@s e a súa foto para montar unhas momias despois de escoitar o conto que nos contou a profe Eli.
Pegando tiras de papel que foron cortados coa trituradora.
E xa temos as momias da clase de 5 anos para desfrutar deste Samaín.
Levámola para a nosa casa e asustar a tod@s os nosos familiares e amigos.
Contamos o conto de Gustavo, o fantasma tímido e fixemos o noso pantasma particular.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!