martes, 29 de outubro de 2024

GRAZAS familia YÁÑEZ CANCIO!

  O luns 28 de outubro viñeron de visita a nosa aula os papás de Martín e tamén os seus irmáns.

Xunt@s contáronnos un conto cargado de valores, titúlase Si yo tuviera una púa.
Quedamos fascinados con esta historia.
Despois do conto, trouxeronnos dúas manualidades para facer. Unha grupal e outra individual. Nun erizo grande cada neno puxo a súa foto. Porque todos somos amigos.
Martín escribiu unha frase que fala da amizade. O que quixeron transmitir esta familia con este conto que nos viñeron contar.
Mentras os nenos repartiron as cartolinas cun erizo pequeno e Martín repartiu púas por equipos.

Os papás explicáronnos como tiñamos que poñer as púas pero sobre todo explicáronnos que cada equipo tiña púas dunha cor, e para poñer púas doutra cor tiñamos que ir aos equipos e falar bonito para que nos prestaran púas..
Utilizar as palabras máxicas...
Entre o papá e Martín escribiron a frase que representa un pouco o libro. UN AMIGO SEMPRE AXUDA.
Esta frase tamén a puxemos no noso erizo, no que estabamos elaborando cada un.

Pintando o corpo co tenedor e témpera amarela e laranxa.

O luns como fomos un pouquiño pillados de tempo, deixámolos secar.
Moitas grazas Tania, Diego, Lola e Sergio por vir pasar un ratiño que se nos fixo moi curto con tod@s nós. Gustounos moito este conto e estas actividades tan chulis que nos trouxestes e sobre todo pasar tempo con vós. Que bonito é falar dos amigos e sobre todo poder compartir momentos divertidos con eles.

O martes xa seco, levámolo para as nosas casas. 
Unha foto para o recordo do paso dos tres irmáns por infantil, no último curso de Martín.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!