sábado, 22 de xuño de 2024

Fin de curso no cole!

Este curso o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria celebraron unha xornada de xogos emocionante que ocupou toda a zona de recreo do centro. En tres grupos, e vestidos coas camisetas que eles mesmos deseñaron, desfrutaron de xogo en bicis, no areeiro, xogo con paracaídas, pelota, aros, túnel, pompas, globos, pintacaras e globoflexia!

Foi unha xornada de despedida antes de marchar a unhas vacacións nas que recargar pilas para o próximo curso!

Deixamos un vídeo resumo da xornada e desexamos que teñades unhas moi felices vacacións!

(Recomendamos seleccionar a calidade desexada na rodiña para a reprodución do vídeo)

2 comentarios:

  1. Hola,son Iria, grazas as profes de infantil por darme un montón de oportunidades todo este curso para estar cos peques. Desexolles a todos os nenos, papás e profes de infantil moi boas vacacións a todos. ❤️❤️

    ResponderEliminar
  2. Grazas bonita! esperamos seguir contando contigo para o curso que ven, disfruta do merecido verán.

    ResponderEliminar

Deixanos aquí os teus comentarios!