Remataron as vacacións e volvemos ao cole.
Os primeiros días reencontramonos cos nosos compañeir@s, contamos un montón de aventuras que vivimos no verán, xogamos e volvemos a rutina.
Que fixemos nas vacacións?. Cada neno decorouse a sí mesmo e nas gafas debuxaron o que fixeron nestes dous meses que non estivemos no cole. A maioría foi a praia, estivo cos avós, xogou moito...
E comezamos a decorar a nosa clase, que aínda que estamos na mesma do curso pasado está moi diferente.
Fixemos novos equipos, como falamos moito da praia, pensamos que cores dos nosos casilleiros se parecían a animais mariños.
EQUIPO VERMELLO
EQUIPO AMARELO
EQUIPO VERDE
EQUIPO AZUL
Non todo vai ser traballar, tamén xogamos.
Creando coa plasti.
Cos xogos de mesa.
No patio.
Descubrindo a nova asamblea:
Observando, manipulando e imaxinando historias nos contiños da biblio da aula.
Traballando sobre o papel.
Preparándonos para escoitar contos.
Neste novo curso, agárdannos moitas sorpresas. Nesta semana temos a festiña dos cumples de setembro e moi pronto descubrimos o proxecto co que imos traballar este trimestre!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!