Nun "tris" pasou a primeira semana e xa chegou o descanso. Foron uns días emocionantes con moitas novidades, profes novos e moito xogo!
Nesta semana coñecemos os xoguetes da clase, algunhas normas e rutinas simples...
Pronto elixiron lugar para a auga, onde se sentarían polo momento e decoramos uns carteis para os percheiros da clase.
Mércores xuntámonos e comezamos a convivir con outros nenos e nenas de infantil no patio do cole.
Ademais de xogar, tivemos tamén tempo para cancións e para contos.O xoves aproveitamos e lemos o conto "Ola arco da vella" que nos gustou e co que falamos do tempo, das cores, animais... e pasamos un ratiño divertido. Fixemos tamén un debuxiño do conto que nos decora a clase.
Este último día venres foi moi ameno. Primeiro coa profe Cova de inglés cantamos cun vídeo do arco da vella: rainbow!
Seguindo co arco da vella, decoramos un recordiño destes días! Falaron de como saía o arco da vella e logo dispoñémonos a traballar. Pegaron algodón nas nubes coa cor que cada un elixiu. Logo pintaron o arco da vella segundo quixo cada un.
Hoxe venres tamén coñeceron ó profe de psicomotricidade Rubén, co que fomos ó ximnasio onde coñecemos algúns materiais (colchonetas, pelotas e aros) e xogamos un montón!
A próxima semana seguiremos adaptándonos pouco a pouco, e coñecéndonos cada vez máis. Será unha semana con moitas cousas novas e sorpresiñas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!