Estes últimos días de xuño andivemos moi enredados para rematar todo o relacionado co proxecto deste curso.
Quedábanos a última parte: Como se extinguiron os dinos?
Traballando sobre o papel:
Facendo unha manualidade relacionada con pinturas, acuarelas, mezclando cores coas témperas e uns animais moi coñecidos neste curso que cada un elixiu cales poñer.
Que aprendemos?
Ficha de observación: buscar, contar e escribimos a palabra DINOS.
PAÍS DOS DINOS
Estampando a esponxa para facer a portada do proxecto.
Na nosa portada aparece un diplodocus.
Quedaron super chulas artistas!!!!
Fixemos o noso carné especialista!!!!
E tamén nos AUTOAVALIAMOS, canto aprendemos dos dinos!!!TODOS e TODAS traballamos moito este curso. Parabéns equipo!!!
Noa e Martina trouxeronos unha carpeta cargada de estampación de dinos. Estivemos repasando nomes e características deles. Moitísmas grazas familias!
Tamén tivemos tempo para volver a ver con Ahmed e Púas e repasar os dinos, porque agora coñecemos moito sobre eles.
E xogamos co seu xogo de buscar iguais, que tanto nos entreten.
Temos moitos xogos e libros que volvemos empregar para repasar, é o caso da LÍNEA DO TEMPO de Pablo que viña nun puzzle que nos trouxo.
A paleontóloga máis famosa na clase de 3 anos é Mary Anning. Fixemos unhas camisetas do máis molonas que estrearemos todos xuntos mañá na festiña de fin de curso!!!
ESTAMPAMOS pegadas de dinos de cores na bolsa para gardar todos os nosos traballiños.
Os debuxos formaron e formaran parte da nosa etapa de infantil. Neste curso traballamos moito sobre como somos. Días atrás cando traballamos no teatro de sombras: as nosas mans.
Conto de Hervé Tullet, a danza das mans, para repasar como somos e como traballamos coas mans. Que podemos facer coas mans, de onde nos saen as mans, cantos dedos temos en cada unha, etc. Recordade nos debuxos os brazos saen do corpo, non da cabeza.
Seguide facendo debuxos nas vacacións que xa sabedes que son o noso maior tesouro. SODES UNS ARTISTAS!!!
Ata o vindeiro curso peques, de seguro nos agardan moitas aprendizaxes, xogos, apertas, enfados, aventuras ...pero sobre todo moitas risas.
E así marchamos hoxe cargadiños de todos os traballiños. Moitas grazas familias por colaborar este ano con nós. Todos xuntos aprendemos un montón. Feliz verán!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!