martes, 20 de xuño de 2023

DINOS! A extinción.

 Nestas semanas achegámonos á coñecer un pouco sobre as teorías da extinción dos dinosaurios e unha chea de cousas máis!

Para facelo, primeiro estivemos investigando nos libros que aportastes as familias.

Logo buscamos en internet. Recollemos en papel.


Despois fixemos unha lámina de acuarelas, rotus, témperas, purpurina, algodón e unha pegatinas de dinos que escolleron eles mesmos


Seguimos investigando e plasmando en papel os últimos  dinos que fomos elixindo como os nosos favoritos. 

 Fixemos unha portada para os dinos.

Preparamos unha manualidade das que tiñamos escollidas para o fin de curso. Un T-Rex que quedou fermoso coas decoracións de cada un elexiu.




Estivemos rematando o libro de texto recollendo nunha chuvia de ideas algunhas das cousas que aprendemos e logo deixándoo en papel.

Fixemos unha autoavaliación do proxecto...



Preparamos os carnés de especialistas que os gañamos co noso esforzo repondento preguntas sobre o proxecto.

Preparamos as portadas do proxecto de dinos!



Preparamos as bolsiñas...



Fixemos un exercicio de observación e no que traballamos conceptos básicos xerais e outros relacionados co proxecto por medio dunha lámina do libro.
Logo preparamos unhas marionetas que nos trae o libro.

Con todo listo reuníronse para preparar un mini teatriño que gravamos.



Está claro que este proxecto foi dos favoritos, porque xa rematando o curso seguiron chegando materiais para o recanto e para amosar ós compis!
Presentaron os materiais que prepararon na casa, cada un falou do dino que presentaba e recordamos detalles especiais de cada un.
ADAM touxo varias cousas: unha pegatina de dino, un debuxo moi chulo e unha manualidade moi traballada dun ovo que se abre!
AARÓN compartiu un ovo cun minidino moi simpático!
LUCÍA RÍO trouxo un debuxo dun dino para o recanto.
IZAN unha vez feita a manualidade do t-rex, touxo unha similar para compartir en clase!
TEO fixo unha exposición da súa visita ver dinos e falounos de todo o que viu e detalles de cada dino.
ENZO trouxo para amosar un memory de dinos.
ADRIANA amosounos o seu último debuxo de dinos!
Preparamos unhas camisetas de Mary Anning e o seu plesiosauro estampando con pintura.

Realizaron ademais unha manualidade dun pterodáctilo que se move e que tiñan elixida. 
Quedou chulísimo!

Rematamos revisando os traballos!
Un gran proxecto!

Rematamos cunha actividade especial de último martes facendo un mapa para un dino moi especial!

Moitas grazas a todos e todas por colaborar!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!